Ago
27
2008
--

A primeira bolboreta está libre

Podedes lela en Tauro, ou buscar no meu blogue de Espallando bolboretas.

Espero que gostedes del.

Saudiños!

Written by excalibor in: Anuncio | Etiquetas: ,
Ago
23
2008
--

Os tempos son chegados…

Pois a primeira entrada neste blogue é para sinalar que son torpe de carallo. Esquecín a miña clave e tuven que lle pedir a un administrador que ma cambiase… 😛

En fin, rematando agosto estamos, e comezamos a conta atrais do National Novel Writing Month, afeccionadamente coñecido como NaNoWriMo.

Este mes é novembro, e xa lle queda pouco. Levo participado xa unha chea de anos, e supoño que podo dicir que son un activo membro dos Nanos de Madrid: xa temos feito quedadas para celebrar as victorias, e para animarnos a escribir uns aos outros. Éche realmente xenial… 🙂

E tras varios anos conseguindo gañar o Nano, esta vez será a primeira que o intente en galego, e tamén será a miña primeira vez escribindo unha novela en galego.

De aquí o blogue novo, e tamén o novo compañeiro, que está no blogroll (lista de blogues): Espallando bolboretas.

Alí publicarei algún contos curtos (as “bolboretas”) con licencia Creative Commons, contos que estou a usar para re-entrenarme como escritor en galego, que xa vos vai tempo que non o facía.

Espero que vos gusten, pronto publicarei a primeira, e xa iremos vendo como avanza o final do verao.

En fin, aquí remato hoxe. Aburiño!

Written by excalibor in: Sen clasificar |

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes