Reintegracionismo
A mellor maneira de facer amigos…
Porén, é un tema importante e quería lanzar varias cuestións ao ar e ver que pasa, ademais de compartir a miña opinión, por pequena que sexa.
Hai un mes ou dous, alá polos primeiros de xullo, comecei a pensar en escribir a miña próxima novela para o Nanowrimo en galego. Collín a normativa actual de internet sabendo que nos anos que levo en Madrid e des que estudiaba, as cousas cambiaran un pouco.
Comprei algúns libros, en particular un, I Encontros Labaca. Ponencias, publicado na Serie Liminar lingüística de Ediciós do Castro, do ano 1984, ISBN: 84-7492-217-8. Nel móstranse diferentes visións acerca do galego que ensinar na escola.
Lembremos que estamos a falar dos tempos nos que o galego aparecería como asinatura na entón EXB (Educación Xeral Básica), no BUP (Bacharelato Unificado Polivalente) e no COU (Curso de Orientación Universitaria). Por aqueles tempos eu comecei a estudar galego dunha maneira formal, e as lembranzas das discusións e exposicións contidas no libro destes encontros Labaca son ben vívidas, despois de tantos anos.
Eu son reintegracionista de pensamento: no colexio tiven un profesor, en 6º, Anxo, que nos ensinou de forma reintegracionista. No BUP eu usaba as tres normativas por igual, examinábame nelas (falando antes cos profesores) e incluso me permitía facer os exames nas tres (básicamente tiña que demostrar que dominaba a oficial, ainda que as miñas profesoras –no BUP foron todo mulleres– deixáronme usar a que eu sentía máis apropiada, o que lles agradezo enormemente a pesares de que un rapaz de instituto non ten nin idea de qué lle están a falar).
A miña normativa de referencia foi a “de mínimos”. A “de máximos” sempre gustei, mas o asunto de que nin fose o padrón portugués nin algo que os galegos “da rúa” pudesen sentir como propio acougábame un pouco.
Hoxe en día a normativa “de mínimos” básicamente foi refundida na oficial. Hai algúns puntos nos que ainda torzo o morro, que comentarei abaixo.
Sinto, porén, unha certa desazón. Porque a presenza dos reintegracionistas na rede é tremenda e as súas contribucións absolutemente non triviais. Non podo máis que pensar qué están a facer mal os Poderes (a RAG, o ILG, a Xunta…) para perder semellante potencial cultural que se espalla no vento mentres a nosa terra perde a semente.
O camiño para unha reintegración do galego no portugués, penso, sería o fin do galego tal e como o entendemos. Non é necesariamente unha cousa mala. Posiblemente unha unificación co galego do norte de Portugal: indefectiblemente a norma escrita modifica a fala dun pobo que le.
Pero sería a risco de perder unha ou dúas xeracións de falantes, que por moi próximos ao portugués que sexamos (dous blocos dialectais dunha mesma lingua, más non a mesma fala) non aceptarán que podamos ter a nosa lingua escrita no portugués padrón. E non están as cousas hoxe en día como para andar a perder xeracións de falantes, penso eu.
Notemos, porén, que mesmo os portugueses do norte din que o seu portugués é moi parecido ao galego (que eu penso é un continuo diglósico desde Ortigueira ata o Douro, máis ou menos), pero que, mal que nos pese, é o seu portugués (non o seu galego). Estas fronteiras (por certo, podedes ver o documental en Fronteiras no Google Video, é realmente excelente) son reais: non coinciden coas debuxadas nos mapas, pero existen (é fácil de ver no documental, contrastando as ideas que teñen os nosos veciños galegofalantes verdo da súa identidade cultural).
Coa esperanza de que, finalmente, os políticos lograrán normalizar o galego na Galiza, en poucos anos (nos próximos 20 anos), e que durante este tempo poderemos ver mellor o camiño a seguir, decanteime pola normativa oficial: se un portugués pode adaptarse á normativa reintegracionista, pode adaptarse igualmente e co mesmo esforzo á normativa oficial.
Porén, penso que poderíamos, pouco a pouco, facilitar as cousas: a proposta de tildes que fai a normativa oficial, ainda que básicamente coherente cos seus principios, deixa fora, por facilidade, unha serie de normas que ademáis de simplificar o número de tildes a usarmos, serían máis razoables e, ademais, máis pretas do portugués, facilitando o entendimento mútuo:
É moitisimo máis fácil facer “traducción mental” e automatizar a norma básica de -zón/-ción a -ção, ñ a nh, etc, que o feito de que o acento en sabia está en sabia en troques de sabia (palabra que un portugués entenderá trisilábica e paroxítona, pero que a normativa oficial considera bisilábica con ditongo crecente, de ahí o oficial sabía, co til marcando o hiato. A normativa de mínimos non aceitaba a existencia de diptongos crecentes no galego, así que o seu sistema de tildes era moi próximo ao portugués). Independentemente, este tipo de diferenzas entre ambas normas (galega e portuguesa) fai todo realmente máis complicado, igual que, por exemplo, ler un texto coas comas mal postas.
O meu pensamento é que un pobo normalizado e alfabetizado pode entender normas absolutamente arbitrarias, complexas e patrimoniais como a normativa actual do portugués (e castelán tamén!) en tanto o sistema educativo funcione razonablemente ben (o número de rapaces que escriben incorrectamente en castelán, por exemplo, é escandalosamente alto, a pesares de ser obligatorio, ubicuo e todo eso…). Un sistema de uso do hífen similar ao portugués tamén fará as cousas máis sinxelas, pero esto xa é adicional: o fundamental é que algún outro membro da lusofonía poda saber cómo carallo se le o que está a ler sen romperse os cornos sobre os acentos, o demais ven so, posto que nin sequera dous galegos lerán exactamente igual o mesmo texto, escrito na mesma normativa, como non o fan dous casteláns, nin dous ninguéns.
Se o lector lusófono poñe ben os acentos, calquera galego entenderá o que diga, ainda que pronuncie os uves africados ou calquera outra diferencia fonética que xurda lendo un texto galego.
En fin, só uns apuntes sobre un tema complexo.
Por certo, quero un diccionario para o aspell para o GNU/Linux, o que teño está en mínimos, e ademais de un pouco penoso de ver mais non poder “tocar”, é incómodo, e unha das mostras de que a Comunidade fai cousas que os Poderes non: por que hai un diccionario de mínimos e non un oficial? Onde carallo se van os cartos? Vaites, vaites…
Un saúdo
setembro 11th, 2008 ás 9:50 pm
Un dos debate máis gastados, sobre todo tendo en conta a vixencia da clarividente Lei de Berto, é o normativo.
Independentemente do feito obxectivo de que no proceso de normativización do padrón do galego non se fixeron as cousas ben, por ter optado pola vía do falso isolacionismo, que preferiu o padrón da lingua castelá á hora de “reconstruír” o estándar da nosa lingua, obviando que esta fica inserida nun sistema global resultante do tronco galego-portugués.
Inda así,non é asumíbel en termos sociolingüísticos e mesmo socioculturais, ficar inmersos nun debate Ad eternum, sobre a norma, máxime cando ficamos nun proceso de retroceso no número de falantes, destacadamente entre a xente máis nova.
A solución artellada na última revisión normativa de 2003, que como ben indicas supuxo a “fusión” (as vírgulas non son accesorias)entre a normativa reintegracionista de mínimos e maila norma isolacionista, penso que é un paso satisfactorio que corrixe eivas importantes, a través dunha medida, como é a aceptación de usos, que enriquece o código.
É importante para o proceso de normalización da lingua, e de extensión dos usos da mesma, que haxa unha certa “estabilidade” normativa. Por iso eu defendo a normativa RAG.
O que si que non é asumíbel e a idea estendida, e demostrada na praxe por algunhas persoas, de que cada quen pode escribir un galego ad hoc, á carta. Non ten sentido.
O máis lamentábel é comprobar como moitas persoas que din escribir en normativa AGAL (o actual padrón do galego reintegracionista de máximos), incumpren reiterada e masivamente a citada normativa.
En conclusión é o intre de ir pechando, cando menos de momento, este debate, o das normativas, que o que ten demostrado co paso do tempo é que só serve para alonxar o idioma dos falantes.
Parabéns pola entrada.
Unha aperta.
setembro 11th, 2008 ás 10:54 pm
Graciñas pola resposta. Tes razón, a Lei de Berto é clarividente, e xa vai sendo tempo de deixar de lerias e andar cara adiante.
A miña pregunta “oculta” é como facemos para que “volvan” os reintegracionistas, entre os que temos, sen dúbida, parte da vangarda intelectual galega…
Obrigado!
setembro 11th, 2008 ás 11:35 pm
Lo que he pensado leyendo esto: “Estoy cansado ya de esta mierda”. En serio, es desesperante. Que sí, una lengua no se hace en una sala de juntas, pero lo que no puede ser es que en un grupo de traducción de KDE uno trabaje en portugués mientras otro lo hace en koruño-castejano.
El gallego no está preparado para según qué cosas. Y sinceramente, la actitud de muchos galleguistas no le hace ningún favor. No me siento identificado ya con ningún gallego, pues el que se habla hoy no es ni el que me enseñaron, ni el de mi pueblo. Ni el que se usa en ese grupo de traducción tampoco.
Pensad un poco, gente que defiende el gallego en el mundo: si rechazáis lo que defienden personas consensuadas que intentan defender una norma que supone una puesta en común, estáis intentando defender vuestro propio gallego que se parece a lo que a vosotros os da la gana, ¿esperáis que la gente lo respete y lo haga suyo? ¡Que no!
A mí el gallego me encantaba hasta que con 17 años me cambiaron la normativa. Y aún así la gente no estaba contenta. Cuando se maten entre ellos y solo quede uno, el vencedor que me avise, y ya veré si me sigue interesando el tema.
setembro 11th, 2008 ás 11:59 pm
Eu son reintegracionista no pensamento pero isolacionista na práctica. Máis que nada porque non coñezo moi ben a normativa AGAL.
Fora de debates sobre nacionalidades e identidades, eu creo que o reintegracionismo só trae vantaxes a un prazo medio-longo, e ningunha desvantaxe.
Explícome, en Galiza temos dous idiomas, un deles é o castelán que está no 2º posto do mundo por número de falantes nativos e o galego. Se ao galego lle poñemos a normativa AGAL, similar ao padrón portugués, entenderiamos perfectamente o portugués, que é o 6º idioma en número de falantes nativos (e vai crecendo grazas a Brasil).
Polo tanto, de primeiras seríamos bilingües perfectos en 2 dos idiomas máis importantes do mundo, e poderiamos acceder 3 das literaturas máis importantes do mundo (galega, portuguesa e española).
Os galegos seriamos un povo privilexiado no mundo porque seriamos nativos en 2 dos idiomas máis importanes e se aprendemos tan só inglés, poderemos chegar a un monton de contido sen ningún tipo de problemas.
O que veño a dicir é que, para min, o reintegracionismo traerá a vantaxe de poder acceder á cultura e ao idioma portugués.
setembro 12th, 2008 ás 12:51 pm
IaRRoVaWo, co galego normativa RAG non hai ninguén que após 5 minutos de lectura non comprenda un texto en português, do mesmo xeito que mesmo nas rexións máis ao sul do Portugal, podeste entender en galego cos portugueses.
Por non falar de que as variantes dialectais do português no Brasil, Mozambique… acheganse máis na súa fonética e mesmo na escrita ao padrón do galego que ao do português.
O inglés britanico e o inglés americano teñen grandes diferenzas, porén, ninguén dubida que forman parte dun mesmo macrosistema lingüístico…
O mesmo pasa co Alemán en Bélxica, etc etc
Xa encaixamos na lusofonía, non é preciso unha homologación normativa.