Mar
26
2009
--

Nanoedmo remata e chega o Script Frenzy!

Pois ao Nanoedmo xa lle queda ben pouco. Eu vou razoabelmente ben, aínda que para invertir as 50 horas vou ter que pórme algo serio, pero é algo posíbel.

Tamén recibín unha invitación ao Script Frenzy, que é un primo do Nanowrimo, pero o obxectivo, no canto dunha novela de 50000 palabras nun mes é o de escribir un guión de cine, televisión,obra de teatro ou similar, de 100 páxinas.

Parece tan apetecíbel… 🙂

Aínda non o confirmei, porque non teño absolutamente ninguna idea que poida facer, pero estou a elo. Xa vos terei informados.

E así, ademais dos guións de Notting Hill e de Pulp Fiction (se tedes o guión de Crimson Tide, Marea Vermella, por favor dicídemo!) e os libros que leo, segundo me deixa o Edmo, engadín á colección nunha visita á libraría de Sargadelos un libro de Jô Soares, O Xangô de Baker Street, unha novela de Sherlock Holmes en Brasil por un escritor brasileiro aparentemente famoso, sobre todo no mundo da televisión. A verdade é que, polo momento, está fantástica, e iso que Holmes só apareceu un anaquiño (está a viaxar, claro)… 🙂

En fin, un remate de marzo interesante, comezamos a primavera con pulo e enerxía.

kallisti!

Mar
11
2009
--

Nova bolboreta

Publiquei unha nova bolboreta en Espallando bolboretas, por se queredes lela.

Por outra banda, e mentres teño un pouco apartado María das batallas, rematei Death Note, Another Note: The Los Angeles BB Murder Cases, de Nisioisin, un libro baseado no incríbel manga xaponés. Unha lectura rápida e envolvente, a verdade, e vou comezar a ler Morgún, de Suso de Toro. Xa vos contarei, porque ando liado coa edición de Desexos.

Kallisti!

Written by excalibor in: Anuncio,literatura,nanoedmo,queixa | Etiquetas:
Mar
04
2009
--

NaNoEdMo

Pois de Santiago voltamos cun suspenso no exame, manda carallo!

En fin, corramos pois un estúpido veo e centrémonos… National Novel Editing Month é o complemento do Nanowrimo. O obxectivo: adicar 50 horas no mes de marzo a editar a túa novela do Nano.

Parece doado, pero son un montón de horas. En fin, niso estamos, de todas as maneiras. Conseguín instalar o corrector ortográfico do galego para OpenOffice.org de Mancomún, que está actualizado á Normativa Oficial (o xenérico para ispell/aspell é da normativa de mínimos, que xa está asimilada na oficial), e tamén instalei o GOlfiño, que é un dos poucos correctores gramaticais para OpenOffice, e que grazas á xente de Mancomún, temos dipoñible en galego…

E aí estamos, editando. O certo é que polo momento non estou máis corrixindo erros obvios, mentres tomo nota das cousas que non funcionan ben, porque aínda que polo de agora tampouco está tan mal, o certo é que hai unha morea de cousas que se poderían millorar.

Posiblemente cando remate o primeiro pase comezarei a reescribir as partes que non funcionan, encher as que quedaron fracas debido ás prisas no Nanowrimo, e a manipular descripcións, ritmos e tempos

Por outra banda, ademais dos libros que levo (van despaciño, xa sabedes porqué) comecei a ler un libro de Ir Indo, O galego, que ten boa pinta polo de agora; xa vos contarei.

Kallisti!

Written by excalibor in: Sen clasificar |

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes