Abr
26
2009
--

Gañamos!

Pois si. Esta tarde, na quedada en Madrid, rematei o borrador do meu primer guión de cine… 🙂

Gañador do Script Frenzy 2009

Gañador do Script Frenzy 2009

Foi moi divertido, a verdade, e permitiume explorar un medio que tiña un pouco esquecido, aínda que leo bastante teatro de cando en vez (de feito o meu libro favorito é unha obra de teatro).

Teño que lles agradecer aos rapaces da Oficina da Luz e das Letras por organizar estes concursos…

En fin, agora volveremos á edición de Desexos, e dentro duns meses, volveremos a Portas a ver que podemos sacar de bo e aprender.

Ánimo aos que quedan, aínda hai tempo!

Kallisti!

Written by excalibor in: Anuncio,script frenzy | Etiquetas: ,
Abr
25
2009
--

Quedada en Madrid

Pois chegamos ao derradeiro fin de semana do Script Frenzy, e con 88 páxinas (87 de historia) a cousa está lista para sentenza.

Hoxe temos quedada en Madrid. Non sei se aparecerá alguén, xa que o número de participantes é sensibelmente inferior ao Nanowrimo. De todas formas, eu irei. Se aparece alguén, estupendo; en outro caso, terei un tempo lonxe de distraccións para rematar a miña película… 🙂

Xa vos contarei. Abur!

Written by excalibor in: Anuncio,script frenzy | Etiquetas: ,
Abr
20
2009
--

Portas, portas…

Pois o caso é que a cousa, a pesares da pausa das vacacións, vai bastante ben. Hoxe superei a barreira das 70 páxinas, xa ben metido no terceiro acto (si, son clásico, tres actos 😛 ) e o caso é que é bastante divertido… 🙂

73 páxinas nas que exploro a tola idea que se me ocorreu xusto o día anterior ao comezo do ScriptFrenzy…

Non estou demasiado contento co resultado, porque queda un pouco… lixeiro.

Aínda teño o desenlace, que espero engada un pouco de profundidade á historia. Teño 27 páxinas para facer do final algo digno de lembrar e así ter unha excusa para revisar todo o guión e facer unha historia memorábel, polo menos un anaquiño… 🙂

En fin, queda pouco… Kallisti!

Written by excalibor in: Anuncio,script frenzy | Etiquetas: ,
Abr
02
2009
--

Portas

Ese é o título do meu guión, Portas, unha historia intimista e lixeiramente fantástica sobre a condición humana.

Vai, polo momento, moi ben, a verdade. Case diría que sorprendentemente ben, se non fose porque eu gosto moito do teatro, e o certo é que en esencia é exactamente o mesmo, así que ademais de fácil, está a resultar moi divertido… 🙂

Para que quede, pois, constancia de todo, engado o banner de participante no Script Frenzy 2009:

I\'m In, Script Frenzy 2009

I'm In, Script Frenzy 2009

Kallisti!

Written by excalibor in: Anuncio,script frenzy | Etiquetas: ,

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes