Gañamos!
Posted in Anuncio, script frenzy on abril 26th, 2009Pois si. Esta tarde, na quedada en Madrid, rematei o borrador do meu primer guión de cine…

Gañador do Script Frenzy 2009
Foi moi divertido, a verdade, e permitiume explorar un medio que tiña un pouco esquecido, aínda que leo bastante teatro de cando en vez (de feito o meu libro favorito é unha obra de teatro).
Teño que lles agradecer aos rapaces da Oficina da Luz e das Letras por organizar estes concursos…
En fin, agora volveremos á edición de Desexos, e dentro duns meses, volveremos a Portas a ver que podemos sacar de bo e aprender.
Ánimo aos que quedan, aínda hai tempo!
Kallisti!

