O gume da espada http://excalibor.blogaliza.org Excalibor: aventuras dun escritor galego... Tue, 01 Jul 2014 15:34:36 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.8.1 Comeza Camp NaNoWriMo! http://excalibor.blogaliza.org/2014/07/01/comeza-camp-nanowrimo/ http://excalibor.blogaliza.org/2014/07/01/comeza-camp-nanowrimo/#comments Tue, 01 Jul 2014 15:34:36 +0000 http://excalibor.blogaliza.org/?p=107 Comeza Camp NaNoWriMo, unha versión “lixeira” do NaNo durante o mes de Xullo. Retomarei a Pardo de Cela. Xa vos irei informando!

Un saúdo!

]]>
http://excalibor.blogaliza.org/2014/07/01/comeza-camp-nanowrimo/feed/ 1
Actualización http://excalibor.blogaliza.org/2013/06/20/actualizacion/ Thu, 20 Jun 2013 12:51:40 +0000 http://excalibor.blogaliza.org/?p=106 Ah, moito pasou dende a última vez que escribira aquí… Pasou o NaNoWriMo, dúas veces! Pardo de Cela, ben, grazas, mais precisa traballo, moito. A nova novela do Nano do ano pasado tamén, quedei completamente atascado nun punto bastante crucial. Teño pensado rematala, era unha historia de bastante actualidade, ademais de histórica e educativa… 🙂

Xa vos contarei, pois teño que me documentar sobre algunhas cousas antes de retomala.

E penso que quedei sen o blogue das Bolboretas. O ben, xa as publicarei de novo aquí.

Un saúdo!

]]>
NaNoWriMo 2011 http://excalibor.blogaliza.org/2011/10/30/nanowrimo-2011/ http://excalibor.blogaliza.org/2011/10/30/nanowrimo-2011/#comments Sun, 30 Oct 2011 21:02:40 +0000 http://excalibor.blogaliza.org/?p=98 Despois deste verán tan longo, co frío chega o NaNoWriMo!!! ( http://www.nanowrimo.org/ )

Animádevos a me seguir na aventura de escribir unha novela histórica sobre o Mariscal Pardo de Cela, famoso na miña terra, a modo de celebración, non só da súa historia e da nosa, mais tamén do centenario do nacemento do grandísimo escritor Álvaro Cunqueiro.

Podes seguirme aquí, ou para cousas máis concisas, no Cabozo http://cabozo.com/user/excalibor

Desexádeme sorte, xa que o ano pasado foi terríbel e, ben, pasei 6 meses sen ler e 11 meses sen escribir :-/

Necesitarei do voso apoio! 🙂

Kallisti!

]]>
http://excalibor.blogaliza.org/2011/10/30/nanowrimo-2011/feed/ 2
Insubmisión, insubmissom ou insubmissão? http://excalibor.blogaliza.org/2010/09/12/insubmision-insubmissom-ou-insubmissao/ http://excalibor.blogaliza.org/2010/09/12/insubmision-insubmissom-ou-insubmissao/#comments Sun, 12 Sep 2010 17:15:39 +0000 http://excalibor.blogaliza.org/?p=94 Eis que remata o verán e en novembro comezará un novo  NaNoWriMo e teño certas dúbidas.

Son moi orgulloso da resposta que os meus compatriotas deron e están a dar aos ataques en contra da lingua alá na Galiza, é doroso vivir isto desde o exilio que supón esa nova onda de emigración, unha enorme vaga que de novo leva galegos a marchar para percurar a vida fóra.

Porén, teño unha inquedanza. A miña nova novela, que será escrita en galego, ficción histórica verbo da propia Historia do país, el terá algunha posibilidade na Galiza? Tras os ataques á lingua, ao sistema educativo, á cultura galega na radio televisión, nas clases e agora tamén nos medios escritos en galego, esta semellanza de concordia en prol da lingua en tempos pre-electorais, non por benvida, será verdadeira? Aínda máis, será posíbel que a lingua sobreviva na Galiza?

Estas son dúbidas egoístas, supoño, xa que logo a novela vai ser escrita porque está a pedir saír de dentro, non para ser publicada. Mais se así for, que futuro pode esperar no minguante mercado galego? Os compañeiros que en Madrid escriben, algún deles a piques xa de publicar a súa segunda novela, din que o mercado galego non é relevante. Xa é duro sobrevivir no mercado español e americano! Son palabras pragmáticas, mais non podo evitar sentir certa xenreira e reivindicar  que a miña lingua tamén é lingua de millóns, é lingua de cultura e de grande e profunda sabedoría!

Só que, aparentemente, na Galiza xa non o saben. Non cando Manuel Rivas vende máis as traducións das súas obras en castelán que os propios orixinais galegos! Non cando o DRAG e o VOLGa son tan pobres en vocabulario que ás veces xa non sei como escribir o que quero dicir e que sexa normativo! Deberei facer como o Presidente da RAG e saltarme as Normas cando estas non chegan? E por que non chegan tras 30 anos de traballo?

O bilingüismo de Madrid (castelán/inglés) comeza a ser odioso, cando cartos que poderían ser usados na educación pública, na sanidade pública, etc van parar aos colexios “concertados”! E a miña lingua, que? A lingua deste políglota, que ri fronte a este bilingüismo pragmático (por que non aprender mandarín? De feito, é moi interesante!) do novo Deus absoluto: a pecunia (el será a nova Deusa? Irónico, non si?).

E a nova RAG? E a Normalización? Onde están? Todo vai demasiado amodo. Por que case é máis doado atopar un dicionario de “Mínimos” para Linux que da normativa oficial? Case que parece que os reintegracionistas mostran máis coherencia e máis feitos con menos recursos para a defensa da lingua que os propios organismos cuxa existencia é precisamente esa defensa… Certamente na miña recente visita ao Porto, alá no Douro, sentinme case máis na casa (lendo os cartazos, visitando librarías, falando coa xente) que este verán nas vilas da Mariña lucense ou en Santiago ou na Coruña.

É realmente producente para a novela ser escrita na normativa oficial ou debería voltar á AGAL como hai anos? Como o propio Lois Pereiro, próximo homenaxeado no Día das Letras? Ou debería, directamente, integrarme no tronco principal e seguir o Novo Acordo Ortográfico?

A novela é para min, así que dá un pouco o mesmo. Mais se algún día eu gustar de publicala, como faría? É algo que deixar nas mans dos editores? Dos lectores? Do cruel fato? Ou debo ser insubmiso e renegar do oficial, que non funciona, e pasar ao outro lado, e loitar con feitos e palabras?

Eis unha grande dúbida que me asalta mentres estudo para mellorar o meu galego escrito, mentres investigo para a miña novela histórica.

Aínda hai tempo até o 1 de novembro. Algún consello?

]]>
http://excalibor.blogaliza.org/2010/09/12/insubmision-insubmissom-ou-insubmissao/feed/ 3
Nanowrimo 2009 http://excalibor.blogaliza.org/2009/11/02/nanowrimo-2009/ Mon, 02 Nov 2009 17:30:36 +0000 http://excalibor.blogaliza.org/2009/11/02/nanowrimo-2009/ Pois un ano máis, estamos no NaNoWriMo!

Este ano son un NanoRebelde, e continúo coa edición e reescrita (en parte) de “Desexos”, co gallo de poder rematar dunha vez e tela lista para enviar ás editoriais para finais deste ano…

Xa veremos, polo momento teño bastante traballo adiantado e algunhas ideas seica interesantes para achegar máis o libro ao público que será posibelmente o definitivo, o xuvenil/xoven-adulto.

Xa vos informarei con máis tempo, que ando ás presas coma sempre.

Kallisti!

]]>
Cantos anos xa? http://excalibor.blogaliza.org/2009/05/20/cantos-anos-xa/ Wed, 20 May 2009 21:38:10 +0000 http://excalibor.blogaliza.org/2009/05/20/cantos-anos-xa/ Que relativo é o tempo! Hai 36 anos chegaba eu ao mundo en medio de choros (e dis que non parei nun ano enteiro!) e agora, xa vedes… 🙂

Pasei un bo día, que aínda non rematou, e espero levar así de ben o resto do ano… 😛

Como regalo do Día das Letras deste ano, lin A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre.

Gustoume moito. Tanto que non me durou un día enteiro. Que envexa, que ben escribe esta muller…

En fin, queda gozar dos seus libros e tentar aprender dela… 🙂

Recoméndovolo de todo corazón, tanto para mozos como para adultos, é un libro ben feito, que trata dunha forma moi madura e sensíbel un tema tan terríbel e desagradábel como é a violación.

Realmente, chapeau!

E despídome, que o aniversario segue! 🙂

Kallisti!

]]>
Gañamos! http://excalibor.blogaliza.org/2009/04/26/ganamos/ Sun, 26 Apr 2009 00:22:20 +0000 http://excalibor.blogaliza.org/2009/04/26/ganamos/ Pois si. Esta tarde, na quedada en Madrid, rematei o borrador do meu primer guión de cine… 🙂

Gañador do Script Frenzy 2009

Gañador do Script Frenzy 2009

Foi moi divertido, a verdade, e permitiume explorar un medio que tiña un pouco esquecido, aínda que leo bastante teatro de cando en vez (de feito o meu libro favorito é unha obra de teatro).

Teño que lles agradecer aos rapaces da Oficina da Luz e das Letras por organizar estes concursos…

En fin, agora volveremos á edición de Desexos, e dentro duns meses, volveremos a Portas a ver que podemos sacar de bo e aprender.

Ánimo aos que quedan, aínda hai tempo!

Kallisti!

]]>
Quedada en Madrid http://excalibor.blogaliza.org/2009/04/25/quedada-en-madrid/ Sat, 25 Apr 2009 11:59:09 +0000 http://excalibor.blogaliza.org/2009/04/25/quedada-en-madrid/ Pois chegamos ao derradeiro fin de semana do Script Frenzy, e con 88 páxinas (87 de historia) a cousa está lista para sentenza.

Hoxe temos quedada en Madrid. Non sei se aparecerá alguén, xa que o número de participantes é sensibelmente inferior ao Nanowrimo. De todas formas, eu irei. Se aparece alguén, estupendo; en outro caso, terei un tempo lonxe de distraccións para rematar a miña película… 🙂

Xa vos contarei. Abur!

]]>
Portas, portas… http://excalibor.blogaliza.org/2009/04/20/portas-2/ Mon, 20 Apr 2009 21:48:45 +0000 http://excalibor.blogaliza.org/2009/04/20/portas-2/ Pois o caso é que a cousa, a pesares da pausa das vacacións, vai bastante ben. Hoxe superei a barreira das 70 páxinas, xa ben metido no terceiro acto (si, son clásico, tres actos 😛 ) e o caso é que é bastante divertido… 🙂

73 páxinas nas que exploro a tola idea que se me ocorreu xusto o día anterior ao comezo do ScriptFrenzy…

Non estou demasiado contento co resultado, porque queda un pouco… lixeiro.

Aínda teño o desenlace, que espero engada un pouco de profundidade á historia. Teño 27 páxinas para facer do final algo digno de lembrar e así ter unha excusa para revisar todo o guión e facer unha historia memorábel, polo menos un anaquiño… 🙂

En fin, queda pouco… Kallisti!

]]>
Portas http://excalibor.blogaliza.org/2009/04/02/portas/ Thu, 02 Apr 2009 13:03:00 +0000 http://excalibor.blogaliza.org/?p=73 Ese é o título do meu guión, Portas, unha historia intimista e lixeiramente fantástica sobre a condición humana.

Vai, polo momento, moi ben, a verdade. Case diría que sorprendentemente ben, se non fose porque eu gosto moito do teatro, e o certo é que en esencia é exactamente o mesmo, así que ademais de fácil, está a resultar moi divertido… 🙂

Para que quede, pois, constancia de todo, engado o banner de participante no Script Frenzy 2009:

I\'m In, Script Frenzy 2009

I'm In, Script Frenzy 2009

Kallisti!

]]>