Mar
26
2009
--

Nanoedmo remata e chega o Script Frenzy!

Pois ao Nanoedmo xa lle queda ben pouco. Eu vou razoabelmente ben, aínda que para invertir as 50 horas vou ter que pórme algo serio, pero é algo posíbel.

Tamén recibín unha invitación ao Script Frenzy, que é un primo do Nanowrimo, pero o obxectivo, no canto dunha novela de 50000 palabras nun mes é o de escribir un guión de cine, televisión,obra de teatro ou similar, de 100 páxinas.

Parece tan apetecíbel… 🙂

Aínda non o confirmei, porque non teño absolutamente ninguna idea que poida facer, pero estou a elo. Xa vos terei informados.

E así, ademais dos guións de Notting Hill e de Pulp Fiction (se tedes o guión de Crimson Tide, Marea Vermella, por favor dicídemo!) e os libros que leo, segundo me deixa o Edmo, engadín á colección nunha visita á libraría de Sargadelos un libro de Jô Soares, O Xangô de Baker Street, unha novela de Sherlock Holmes en Brasil por un escritor brasileiro aparentemente famoso, sobre todo no mundo da televisión. A verdade é que, polo momento, está fantástica, e iso que Holmes só apareceu un anaquiño (está a viaxar, claro)… 🙂

En fin, un remate de marzo interesante, comezamos a primavera con pulo e enerxía.

kallisti!

Mar
11
2009
--

Nova bolboreta

Publiquei unha nova bolboreta en Espallando bolboretas, por se queredes lela.

Por outra banda, e mentres teño un pouco apartado María das batallas, rematei Death Note, Another Note: The Los Angeles BB Murder Cases, de Nisioisin, un libro baseado no incríbel manga xaponés. Unha lectura rápida e envolvente, a verdade, e vou comezar a ler Morgún, de Suso de Toro. Xa vos contarei, porque ando liado coa edición de Desexos.

Kallisti!

Written by excalibor in: Anuncio,literatura,nanoedmo,queixa | Etiquetas:
Mar
04
2009
--

NaNoEdMo

Pois de Santiago voltamos cun suspenso no exame, manda carallo!

En fin, corramos pois un estúpido veo e centrémonos… National Novel Editing Month é o complemento do Nanowrimo. O obxectivo: adicar 50 horas no mes de marzo a editar a túa novela do Nano.

Parece doado, pero son un montón de horas. En fin, niso estamos, de todas as maneiras. Conseguín instalar o corrector ortográfico do galego para OpenOffice.org de Mancomún, que está actualizado á Normativa Oficial (o xenérico para ispell/aspell é da normativa de mínimos, que xa está asimilada na oficial), e tamén instalei o GOlfiño, que é un dos poucos correctores gramaticais para OpenOffice, e que grazas á xente de Mancomún, temos dipoñible en galego…

E aí estamos, editando. O certo é que polo momento non estou máis corrixindo erros obvios, mentres tomo nota das cousas que non funcionan ben, porque aínda que polo de agora tampouco está tan mal, o certo é que hai unha morea de cousas que se poderían millorar.

Posiblemente cando remate o primeiro pase comezarei a reescribir as partes que non funcionan, encher as que quedaron fracas debido ás prisas no Nanowrimo, e a manipular descripcións, ritmos e tempos

Por outra banda, ademais dos libros que levo (van despaciño, xa sabedes porqué) comecei a ler un libro de Ir Indo, O galego, que ten boa pinta polo de agora; xa vos contarei.

Kallisti!

Written by excalibor in: Sen clasificar |
Feb
13
2009
--

A Santiago vou…

Pois si. Desde Santiago de Compostela escribo esta entrada do blogue.

Xa era tempo de voltar á miña alma mater, así que aquí estou.

Mañá teño un exame de galego, que espero aprobar. E despois será disfrutar un pouco da cidade, e despois unha ruta turística polo sur de Galiza: Pontevedra e Vigo.

Por riba, nun alarde de frikismo, estou a enviar esta anotación usando o navegador w3m, un navegador da web en modo texto que tamén serve para ler ficheiros de texto.

En fin… Desexádeme sorte! (Ou non 🙂

Written by excalibor in: Sen clasificar | Etiquetas: , ,
Feb
02
2009
--

Novo mes

E nova entrada, aínda que preferiría ser un pouco máis constante con isto de escribir no blogue…

En fin, rematei de ler un libriño que merquei en Lugo o pasado Nadal, A expedición do Pacífico de Marilar Aleixandre. Gostei moito del, aínda que se me fixo un pouco curto, a verdade. A autora gañou o Premio Merlín de literatura infantil no ano 1994, pero a verdade o tema podería dar para unha maior novela histórica, para nada infantil/xuvenil (que son xéneros realmente importantes, dado que son os que crean os leitores do mañá).

Así con todo, foi moi agradable de ler, si, señor. E agora estou a ler María das batallas, do maldito Alfredo Conde. Digo isto porque o rapaz (vale, o home) non só escribe moi ben, senon que esta novela é (grosso modo) a terceira parte da miña, Invencible, do Nanowrimo 2008! Claro, a ver quen é o guapo que compite contra iso!

Anda que tamén…

En fin, polo menos estou a disfrutar con ela… Mellor que sexa boa, Alfredo!

😛

E como outra nova, recén ten chegado o aviso de preparación do NaNoEdMo, un derivado do Nanowrimo, no que o obxectivo é coller a novela do Nano e traballar nela 50 horas de edición. Parece fácil, pero non o é, nin de coña! Así, por primeira vez, irei ao Nanoedmo coa miña novela do Nanowrimo, Desexos… o primeiro será atoparlle un bo título!

Xa vos irei contando como paso o mes de marzo… 🙂

Pois iso… Un saúdo e bo Imbolg, febreiro é un mes especial…

Written by excalibor in: literatura,nanoedmo | Etiquetas: , , ,
Xan
07
2009
--

Feliz MMIX

Pois xa estamos de volta, tras as vacacións invernais, no ano 2009, ou MMIX en número románs, que parecen máis números para estes usos, verdade?

O fin de ano foi interesante, tras unha visita a Galiza, Lucus Augustii incluída, os reis magos trouxéronme varios libros en galego, xa vos irei contando, pois comenzarei a lelos en breve.

Que nos deparará o novo ano? Quen sabe. Polo pronto estarei en Galiza (Santiago de Compostela máis exactamente) en febreiro, e tras esa visita comezarei a revisión de Desexos… A miña intención é ter un texto revisado e listo para enviar ás editoriais antes de fin de ano. Xa veremos como vai a cousa.

E pouco máis. Mantereivos informados.

Un saúdo e feliz ano novo.

Written by excalibor in: Sen clasificar |
Nov
30
2008
--

O NaNoWriMo acabou

Pois si, hoxe remata o NaNoWriMo 2008.

De 119021 autores que asinaron para participar, hai polo de agora 11381 gañadores, o que está un pouco por debaixo do 10%.

Este ano foi xenial, ademais de gañar o Nano de forma cómoda, conseguín algo que non fixera nunca: rematei a miña novela.

Si, Desexos está rematada. Esperarei un mes para que reposen os bytes no disco duro, e despois comezarei a editala e reescribila para, eventualmente, enviala para que, se alguén está interesado, a publique.

Graciñas a todos os que me apoiaron este mes, perdonade se fun molesto ou algo gruñón, pero que saibades que pagou a pena… 🙂

Ata o ano que ven, NaNoWriMo! Estaremos aí para ti…

KALLISTI!

Written by excalibor in: Anuncio,nanowrimo | Etiquetas:
Nov
23
2008
--

NanoWinner!

Ou sexa, gañador do Nanowrimo… 🙂

Hoxe superei as 50000 palabras, convertíndome en gañador oficioso do NaNoWriMo 2008…!

O de oficioso é porque ata o día 25 non se poden validar as novelas, pero para entón espero ter aínda máis palabras…

O obxectivo, obviamente, é non só superar o reto do Nano de 50000 palabras, senon rematar a novela!

Por unha vez.

🙂

Polo de agora a cousa vai ben. Xa veremos como me apaño na semana que me queda… Posiblemente terei que esquematizar un pouco as cousas ao final, e darlles unha forma máis axeitada despois, con máis calma (sabendo que despois unha boa parte será eliminada na revisión do borrador, que mundo ingrato!)

Mantereivos informados…

Kallisti!

Written by excalibor in: Anuncio,nanowrimo | Etiquetas:
Nov
19
2008
--

Desexos: Fin da Primeira Parte

Rematou a “Parte I” de Desexos, que finalmente consiste (no borrador inicial que sae do Nanowrimo) en cinco capítulos.

Foi realmente divertida de escribir, e como podedes imaxinar pola prograsión que levo, os capítulos escribíronse practicamente eles sos…

Agora, para a última semana longa do Nanowrimo, encaro o resto da novela. En vez de seguir a este ritmo, decidín seguir o consello do fundador Chris Baty e de outros escritores que nos mandan charlas de ánimo e consellos, e escribir oresto da novela dentro do plazo no Nano, aínda que saltándome ou resumindo cousas.

Así que o novo obxectivo para o resto de novembro é rematar a novela (con máis de 50.000 palabras, claro).

Por iso, hoxe empezarei a “Parte II, III, etc”. Literalmente.

Por outra banda, a historia que se vai desenrolando na primeira parte, como unha espiral, foi sufrindo unha transformación cualitativa que se notará nas seguintes partes: unha espiral que comeza pequena e remata abarcando algo enorme. En serio.

🙂

Pola outra banda máis (si, hai máis de dúas bandas, que pasa que non pensades máis que en fútbol? 😛 aparecen novos personaxes que antes non tiñan cabida, personaxes interesantes que serán un reto importante, de verdade, espero non quedar bloqueado…

Por último, é posible que Desexos deixe de ser un bo título… Pero como nome en clave para o borrador segue a ser bo… Isaac Asimov dicía que el gostaba dos títulos cortos porque así cabían mellor nas listas de candidatos a premios Hugo, Nébula, etc… Harlan Ellison escribía novelas con títulos tan longos que moitas veces non podían nominar a ninguén máis porque non cabían, así que el insistía en títulos cortiños… 🙂 Xeniais, Isaac e Harlan, como non podía ser de outra maneira…

En fin, que este Nanowrimo está a ser moi sorprendente e divertido. Non é que escribir novela histórica non sexa divertido e sorprendente, pero éo doutra maneira, máis pesada (polos libros de documentación que hai que carregar, a documentación que uso para Desexos é básicamente unha libretiña pequena…).

En fin, que xa vos contarei… Aos demais participantes do nanowrimo, ánimo!

Kallisti!

Written by excalibor in: Anuncio,nanowrimo | Etiquetas:
Nov
12
2008
--

Case na metade

En fin, hora de actualización.

Este ano o NaNoWriMo vai moi ben, como podedes ver nos enlaces da caixa lateral… Se todo vai ben, hoxe superarei o primeiro punto de control que me marquei e, se sae un bo día, a metade do Nano! 🙂

Non sei, quizais teña que esperar a mañá, xa veremos…

Mirando as notas que teño da novela, e o que me queda do guión, este ano tamén sairá unha novela bastante máis longa das 50.000 palabras requiridas para o concurso, pero estou a disfrutar bastante e espero ter folgos abondo para seguir con ela e rematala (dunha vez 😛 )

En fin, hoxe espero rematar a última escena do capítulo terceiro, e creo que o cuarto capítulo marcará o fin da primeira parte (non estou 100% certo).

Como puntos a salientar, comentar que xa na primeira semana, apareceu de súpeto un novo personaxe que non se quixo marchar máis: comezamos ben! O caso é que, de tódalas maneiras, é un bo personaxe e creo que pode servir de pivote para o eixo protagonista-coprotagonista, sobre todo tendo en conta que na segunda parte da novela aparece un novo personaxe (ata o de agora simplemente amosado nun interludio) que xogará un importante papel como guía da protagonista, digo do protagonista, en fin, é complicado de explicar… 😉

En fin, ánimo a todos os participantes (máis de 113.000, incríbel!) deste décimo aniversario do NaNoWriMo!

KALLISTI!

Written by excalibor in: Anuncio,nanowrimo | Etiquetas: ,

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes