Mai
20
2009
--

Cantos anos xa?

Que relativo é o tempo! Hai 36 anos chegaba eu ao mundo en medio de choros (e dis que non parei nun ano enteiro!) e agora, xa vedes… 🙂

Pasei un bo día, que aínda non rematou, e espero levar así de ben o resto do ano… 😛

Como regalo do Día das Letras deste ano, lin A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre.

Gustoume moito. Tanto que non me durou un día enteiro. Que envexa, que ben escribe esta muller…

En fin, queda gozar dos seus libros e tentar aprender dela… 🙂

Recoméndovolo de todo corazón, tanto para mozos como para adultos, é un libro ben feito, que trata dunha forma moi madura e sensíbel un tema tan terríbel e desagradábel como é a violación.

Realmente, chapeau!

E despídome, que o aniversario segue! 🙂

Kallisti!

Written by excalibor in: Anuncio,literatura | Etiquetas: ,
Abr
26
2009
--

Gañamos!

Pois si. Esta tarde, na quedada en Madrid, rematei o borrador do meu primer guión de cine… 🙂

Gañador do Script Frenzy 2009

Gañador do Script Frenzy 2009

Foi moi divertido, a verdade, e permitiume explorar un medio que tiña un pouco esquecido, aínda que leo bastante teatro de cando en vez (de feito o meu libro favorito é unha obra de teatro).

Teño que lles agradecer aos rapaces da Oficina da Luz e das Letras por organizar estes concursos…

En fin, agora volveremos á edición de Desexos, e dentro duns meses, volveremos a Portas a ver que podemos sacar de bo e aprender.

Ánimo aos que quedan, aínda hai tempo!

Kallisti!

Written by excalibor in: Anuncio,script frenzy | Etiquetas: ,
Abr
20
2009
--

Portas, portas…

Pois o caso é que a cousa, a pesares da pausa das vacacións, vai bastante ben. Hoxe superei a barreira das 70 páxinas, xa ben metido no terceiro acto (si, son clásico, tres actos 😛 ) e o caso é que é bastante divertido… 🙂

73 páxinas nas que exploro a tola idea que se me ocorreu xusto o día anterior ao comezo do ScriptFrenzy…

Non estou demasiado contento co resultado, porque queda un pouco… lixeiro.

Aínda teño o desenlace, que espero engada un pouco de profundidade á historia. Teño 27 páxinas para facer do final algo digno de lembrar e así ter unha excusa para revisar todo o guión e facer unha historia memorábel, polo menos un anaquiño… 🙂

En fin, queda pouco… Kallisti!

Written by excalibor in: Anuncio,script frenzy | Etiquetas: ,
Abr
02
2009
--

Portas

Ese é o título do meu guión, Portas, unha historia intimista e lixeiramente fantástica sobre a condición humana.

Vai, polo momento, moi ben, a verdade. Case diría que sorprendentemente ben, se non fose porque eu gosto moito do teatro, e o certo é que en esencia é exactamente o mesmo, así que ademais de fácil, está a resultar moi divertido… 🙂

Para que quede, pois, constancia de todo, engado o banner de participante no Script Frenzy 2009:

I\'m In, Script Frenzy 2009

I'm In, Script Frenzy 2009

Kallisti!

Written by excalibor in: Anuncio,script frenzy | Etiquetas: ,
Set
04
2008
--

Sobre tauromaquia

Non é a miña intención expór neste blogue (máis aló do que a miña escrita pode expresar) os meus puntos de vista sobre a tauromaquia, ou “arte de tourear” (tamén chamada por moitos a “festa nacional” de España).

Baste dicir que a miña primeira bolboreta, Tauro (ver entradas anteriores, ou o meu blogue de publicación, Espallando bolboretas) trata este tema tamén.

Atopo, porén, que a creación da AVAT (Asociación de Veterinarios Abolicionistas de la Tauromaquia) e esta interesantísima entrevista en Diagonal Periódico (ENTREVISTA : JOSÉ ENRIQUE ZALDÍVAR, VICEPRESIDENTE DE LA ASOCIACIÓN DE VETERINARIOS ABOLICIONISTAS DE LA TAUROMAQUIA) moi animosa.

Convido a todo o mundo a lela (está en castelán) e a reflexionar sobre o tema (despois de todo, os impostos de todos os españois tamén están destinados a subvencionar este tipo de eventos), quizáis co apoio de Tauro.

Hai luz alá ao lonxe! Un saúdo e un aplauso á AVAT.

Written by excalibor in: Anuncio,queixa | Etiquetas: ,

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes