Mar
26
2009
--

Nanoedmo remata e chega o Script Frenzy!

Pois ao Nanoedmo xa lle queda ben pouco. Eu vou razoabelmente ben, aínda que para invertir as 50 horas vou ter que pórme algo serio, pero é algo posíbel.

Tamén recibín unha invitación ao Script Frenzy, que é un primo do Nanowrimo, pero o obxectivo, no canto dunha novela de 50000 palabras nun mes é o de escribir un guión de cine, televisión,obra de teatro ou similar, de 100 páxinas.

Parece tan apetecíbel… 🙂

Aínda non o confirmei, porque non teño absolutamente ninguna idea que poida facer, pero estou a elo. Xa vos terei informados.

E así, ademais dos guións de Notting Hill e de Pulp Fiction (se tedes o guión de Crimson Tide, Marea Vermella, por favor dicídemo!) e os libros que leo, segundo me deixa o Edmo, engadín á colección nunha visita á libraría de Sargadelos un libro de Jô Soares, O Xangô de Baker Street, unha novela de Sherlock Holmes en Brasil por un escritor brasileiro aparentemente famoso, sobre todo no mundo da televisión. A verdade é que, polo momento, está fantástica, e iso que Holmes só apareceu un anaquiño (está a viaxar, claro)… 🙂

En fin, un remate de marzo interesante, comezamos a primavera con pulo e enerxía.

kallisti!

Feb
02
2009
--

Novo mes

E nova entrada, aínda que preferiría ser un pouco máis constante con isto de escribir no blogue…

En fin, rematei de ler un libriño que merquei en Lugo o pasado Nadal, A expedición do Pacífico de Marilar Aleixandre. Gostei moito del, aínda que se me fixo un pouco curto, a verdade. A autora gañou o Premio Merlín de literatura infantil no ano 1994, pero a verdade o tema podería dar para unha maior novela histórica, para nada infantil/xuvenil (que son xéneros realmente importantes, dado que son os que crean os leitores do mañá).

Así con todo, foi moi agradable de ler, si, señor. E agora estou a ler María das batallas, do maldito Alfredo Conde. Digo isto porque o rapaz (vale, o home) non só escribe moi ben, senon que esta novela é (grosso modo) a terceira parte da miña, Invencible, do Nanowrimo 2008! Claro, a ver quen é o guapo que compite contra iso!

Anda que tamén…

En fin, polo menos estou a disfrutar con ela… Mellor que sexa boa, Alfredo!

😛

E como outra nova, recén ten chegado o aviso de preparación do NaNoEdMo, un derivado do Nanowrimo, no que o obxectivo é coller a novela do Nano e traballar nela 50 horas de edición. Parece fácil, pero non o é, nin de coña! Así, por primeira vez, irei ao Nanoedmo coa miña novela do Nanowrimo, Desexos… o primeiro será atoparlle un bo título!

Xa vos irei contando como paso o mes de marzo… 🙂

Pois iso… Un saúdo e bo Imbolg, febreiro é un mes especial…

Written by excalibor in: literatura,nanoedmo | Etiquetas: , , ,
Set
26
2008
--

Novo libro

Rematado o libro Xa vai o Griffón no vento, de Alfredo Conde, tócalle ao libriño Elexías a deus e ao diaño, de Samuel Solleiro, unha colección de contos que ten unha pinta estupenda.

O libro de Conde foi moi interesante, a verdade. É unha interesante exploración, moi aberta, acerca da liberdade e a condición humana a través dunha parte novela de ficción histórica, parte novela de antiheroe actual… O texto é realmente un gozo de ler, e a historia atrapa, realmente atrapa. Moi recomendable, sen dúbida.

Un pouco molesto estou porque toca temas da miña última novela (en progreso e en castelán) e porque acaba de publicar un libro que toca a terceira parte de tres que ten miña novela… 😛 En fin, estas cousas pasan…

Aburiño!

Written by excalibor in: literatura | Etiquetas: ,

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes