Set
16
2008
1

Literatura e apostas

Dicíame un compañeiro esta tarde que o seu pai sempre lle dicia que para aprender a escribir hai que ler moito.

Ten razón, sobre todo se lle engadimos “, especialmente cousas boas”.

Tras ler Fortunato de Trasmundi, de Darío Xohán Cabana, agora estou lendo Xa vai o Griffon no vento, de Alfredo Conde.

Non é particularmente doado atopar unha gran variedade de libros en galego en Madrid (das grandes librarías, na que comprei este último libro, só tiña dous pequenos estantes, máis ou menos 30 libros en total), así que podo sentirme afortunado…

Nestes últimos anos, a miña lectura en galego foi máis ben anecdótica, aínda que benvida, como por exemplo varios libros coas aventuras de Sherlock Holmes. Porén, agora que estamos concentrados en escribir en galego, e intentando facelo ben, é cando comezo a gozar de verdade da boa literatura en galego…

Parece mentira, non si?

Afortunadamente, nunca é tarde para o ben… Así que, poñendo solución, leo e aprendo… 🙂

Verbo das apostas, apostei unha cea ben custosa contra a posibilidade de que tiña aparecido un libro da materia de Lingua Galega no ano 1983 (sen verificar, claro, onde estaría a gracia?). A finais de mes saberei, fotografía en man, se existe ou non ese libro entre os recunchos das lembranzas de tempos xa lonxincuos.

Un saúdo!

Written by excalibor in: literatura | Etiquetas: ,

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes